91 maneiras de entender a arte

Un dicionario compila a visión da arte contemporánea dun centenar de creadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
91 maneiras de entender a arte

Juan Ruiz Moraza, Xosé Freixanes, Menchu Lamas, Antón Patiño, Ana Soler, Maribel Domeneq…así ata un total de 91 artistas explicando que é o que entenden por arte. Todo isto en formato de dicionario, con entradas por autores, imaxes e textos. O resultado é o Arte: diccionario ilustrado que editou o grupo de investigación “Modos de coñecemento artístico” da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo (á enda en librarías por 28 euros). Catrocentas páxinas que para o profesor Juan Fernando de Laiglesia “explica a arte contemporánea na voz dos propios artistas en dúas claves: co seu texto escrito e coa súa propia obra”.

Chámase Arte: diccionario ilustrado e o seu nome non é casual. “Queríamos que fose un aceno á ilustración como século da razón, onde os mapas eran tan importantes como a totalidade do mundo” explica o propio Juan Fernando de La Iglesia, profesor e membro do integrante que explica a intención última do texto: saber que entenden por arte os creadores actuais. En 1.500 caracteres e varias imaxes, os editores pedíronlle a un centenar de creadores que responderán á pregunta “Que é a arte?”. Durante dous anos de traballo noventa e un creadores ofreceran unha versión persoal a esta pregunta que agora ten formato de dicionario.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Xosé Freixanes, Antón Patiño, Menchu Lamas...