Investigadores e cociñeiros comparten as súas receitas en Science&cook

O proxecto comeza con obradoiros gastronómicos con base científica para nenos e adultos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Investigadores e cociñeiros comparten as súas receitas en Science&cook

¿Que poden achegar os investigadores da Universidade de Vigo aos chefs galegos e os chefs galegos á investigación galega? ¿E viceversa? A resposta é Science&cook. Un proxecto de divulgación científica que nace da maridaxe da Universidade de Vigo e o Grupo Nove de gastronomía que, segundo o seu sitio web, serve para “amosar as conexión entre ciencia-gastronomía, coñecemento-creatividade, teoría-práctica, investigación-empresa”.A iniciativa arrinca hoxe con obradoiros para nenos e adultos que falan de aceites reesterificados (gominolas) e xeados feitos con nitróxeno líquido ou con xeo seco fumeante nos campus de Ourense e Vigo. A inicativa partiu da celebración neste 2011 do Ano Internacional da Química entre a Universidade de Vigo e o Grupo Nove.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Gastronomía, Ciencia, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares