Ramón Trigo presenta Cinzas en Gondomar

A destrucción dos seus cadros polo lume inspirou a nova mostra deste creador

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ramón Trigo presenta Cinzas en Gondomar

Tres semanas antes de inaugurar unha exposición en Gondomar, alguén queimou os cadros de grande formato que Ramón Trigo almacenaba na nave industrial que emprega como estudio. Obrigado por esta circunstancia a aprazar a apertura da mostra, o pintor non se desanimou e, inspirado por este acto, creou a serie Cinzas que se pode ver ata o vindeiro 4 de xullo na Aula de Cultura Ponte de Rosas de Gondomar. O artista agasallou aos asistentes á inauguración cunha bolsa coas cinzas dos cadros destruídos como un xeito de que esas obras estivesen presentes no evento.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Trigo

Claves

Protagonistas