A reivindicación das orquestras, da aldea, dos heroes traballadores, da xente do mar, da tralla e da arroutada. Hai agora 20 anos o movemento bravú comezaba a revolucionar a nosa cultura a sinalar outro xeito de ollar Galicia. Agora, o libro Non temos medo recupera a historia dos diplomáticos de Monte Alto e reflexiona sobre o impacto que nos deixou aquela explosión e que aínda se deixa sentir hoxe.
O xornalista Rodri Suárez é o autor de Non temos medo. Historia oral de Os Diplomáticos de Monte Alto. O libro, pioneiro á hora de repasar a historia dun grupo de rock galego, abre tamén o catálogo do selo Nicetrip Edicións e achega na forma de entrevistas un retrato coral sobre o que supuxo o famoso grupo coruñés e o movemento cultural que se deu nos anos 90. "Interesábame a ollada actual sobre aqueles tempos. Coas entrevistas tamén busco darlle ritmo ao libro e tento que haxa moitas voces". Así, ao inevitable Xurxo Souto, auténtico voceiro desta corrente, súmanse outros protagonistas. "O talento comunicativo de Xurxo provocou tamén que soubésemos pouco doutros compoñentes do grupo e teñen tamén historias impresionantes. Pulpiño Viascón, o batería, foi insumiso e anarquista, e Mangüi tocou o baixo con Luar na Lubre e era un hippy", explica. A estes súmanse outras voces próximas ao grupo e que participaron tamén da voráxine da época. Manuel Rivas, Mercedes Peón ou Xosé Manuel Pereiro achegan as súas lembranzas e opinións ao proxecto. "Acaba saíndo unha certa biografía da prpia banda pero tamén amosa como foron un pouco a columna vertebral do rock e da cultura galega do momento".
Reivindicación e actitude
O movemento puxo de relevo toda unha serie de elementos propios da nosa cultura que se integraron no imaxinario da mocidade da época, e que aínda hoxe están presentes na nosa sociedade. Elementos da cultura tradicional, mais tamén persoas e ideas que facían parte da vida urbana da época. "Están os cantantes de orquestra, como Pucho Boedo ou un entrenador de fútbol como era Arsenio Iglesias. A primeira canción dos diplomáticos fala dun proletario que está no andamio e xoga ás cartas, naquel momento ninguén falaba disto, podíase falar de alguén que araba a terra, pero a cidade era vista como un inimigo", lembra Suárez. Non foron alleos a este imaxinario as propostas anteriores de rock en galego. "recollen antecesores como Radio Océano, o atlantismo ou Os Resentidos, que produciron o seu primeiro disco". No entanto, fronte a reivindicación de elementos concretos, para este xornalista unha característica do movemento foi "a actitude con que se presentaban as cousas. A reivindicación da aldea estaba xa en Fuxan os Ventos, pero o tipo de foco con que a exerce o bravú é totalmente diferente. Foxen dos excesos de seriedade aínda que teñen carga intelectual. Presentan as ideas dun xeito diferente, aceptan cuestións que non estaban na axenda cultural". Nese sentido vencella esta tendencia co punk no xeito de abordar diferentes elementos da cultura popular.
Alén de Monte Alto
Obviamente non só os Diplomáticos foron bravú. Rastreros, Skornabois, Os Papaqueixos e, mesmo sen se adherir ao movemento, bandas como os Heredeiros da Crus fixeron parte dun panorama que, aínda que escaso en canto a medios, amosaba unha importante creatividade. Para Suárez, esta proposta chegou mesmo á literatura, con narradores como Rivas ou Jaureguizar ou ao audiovisual. "O Club Xabarín, Mareas Vivas ou, máis recentemente Para mariñeiros nós son produtos moi vencellados a esta corrente".
A definir o movemento
Á hora de definir os principais riscos do bravú, este investigador sinala como primaria a "defensa da identidade galega e da lingua como ferramenta absolutamente válida e marabillosa para crear cultura moderna". Un segundo risco destacado é para el o "dinamitar os departamentos estancos que había entre a aldea e a cidade. O bravú xerou un espazo común que o mesmo podía ser un barrio de Monte Alto que unha aldea de Chantada. Rachan coa idea que existía da aldea como algo pasado ou a superar". Un terceiro elemento característico é para o autor "o combate contra o elitismo. No canto de pensar que os rapaces que botan a tarde no futbolín eran material perdido, Os Diplomáticos achéganse a ele, tentan ser coma eles e levalos ao terreo explicándolles quen era o inventor do futbolín". Do mesmo xeito, o autor apunta o carácter horizontal e popular de moitos eventos promovidos no seo do movemento.
Outras características
Como outro risco, aínda que non tan positivo, Suárez sinala que "sen dúbida foi un fenómeno con moi pouca presenza feminina. Por desgraza isto é algo que aínda acontece hoxe en día no rock. Daquela, mesmo sen ter a mesma consciencia que podemos ter hoxe, si que se decataban de que isto acontecía". Outra pexa que se lle apuña aos grupos do movemento é que resultaban semellantes entre si. "Había quen dicía que facían unha música moi monocorde, aínda que a verdade penso que O Caimán do Río Tea non tiñan moito que ver con Xenreira, a verdade. Aínda que é certo que naquel momento non se daba a variedade estilística de hoxe".
A herdanza
Encol do pegada que deixou este movemento na nosa cultura. Suárez apunta que, "aínda que recoñezo que pode soar algo cafre, penso que á cultura galega non lle pasou nada tan importante como o bravú nas últimas décadas. Foi nos anos noventa e co bravú cando a cultura galega estivo máis preto do que podemos considerar hexemonía cultural entre a mocidade".A herdanza daqueles tempos está aínda lonxe de ser debidamente recoñecida. Segundo apunta Suárez, "poida que teñamos tan interiorizado ese imaxinario que non somos conscientes de que sen o bravú cousas como o festival de Cans non existiría, e eles mesmos recoñecen que sen el poida que non se lles ocorrese levar o audiovisual á aldea. Logo o estoupido do audiovisual galego incorporou tamén moitos elementos bravús, e mesmo o feito de que agora sexa normal facer un grupo de rock en galego é tamén unha pegada daquela". Aínda máis, "están tamén os vencellos que tivo con toda a mobilización cultural que se deu polo Prestige, o chapapote facía parte xa do imaxinario do bravú mesmo desde antes. Mesmo hai fenómenos políticos que non se poderían entender se non entendemos do preto que estivo o galego da hexemonía cultural co bravú".
O futuro
Este imaxinario, no entanto, está tamén para Suárez en risco de desaparición malia ao éxito acadado. "Hai personaxes propios da época que xa non se atopas. Xurxo Souto por exemplo di que xa non pensa que se poidan atopar pandadeiros heavys. Tamén está a reivindicación da sabedoría das tabernas de barrio, onde se pode atopar unha cultura vivísima" e que tamén se ve en risco pola desaparición de moitos destes espazos. "Temo que co tempo o bravú quede no recordo dunha especie de agro-rock. E aínda que houbo unha reivindicación da aldea é moito máis ca iso" explica. A día de hoxe, recoñece o xornalista, "están a retroceder moitas cousas na nosa cultura, pasa co teatro e coa presenza do galego no ensino. Neste contexto cómpre ter moi presente a pegada do bravú, ese espírito e actividade". Propostas como este libro, o novo vídeo dos Diplomáticos, que actualmente se reúnen para concertos puntuais, ou a homenaxe que se lle tributou no Festival de Cans a este fenómeno auguran no entanto unha presenza destacada do bravú na nosa axenda con ocasión deste 20 aniversario.