O centenario do Café Moderno reúne doce pintores de Pontevedra

Unha mirada, dous tempos estará aberta ata o 19 de xullo

30/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Unha ducia de pintores pontevedreses nados entre os anos 20 e 40 do século pasado reúnense na mostra Unha mirada, dous tempos. Pintores de Pontevedra para un centenario. Alejandro Paisa, Rafael Úbeda, Jorge Castillo, Arturo Cifuentes, Manuel Aramburu, José Barreiro, Jaime F. Falcón, Manuel Ruibal, Eduardo Dios, Alex Vázquez, Manuel Moldes e Fernando Vilanova, participan deesta iniciativa coa que a Fundación Novacaixagalicia conmemora os cen anos do Café Moderno da Cidade do Lérez. O proxecto recupera dúas obras de diferentes épocas de cada un destes autores para amosar a súa evolución creativa e está aberto ata o vindeiro 19 de xullo.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Manuel Ruibal, Jorge Castillo, Manuel Moldes...