Xogo de Heroes faise co I Premio de Webseries da CRTVG

A televisión farase cos dereitos de emisión do episodio piloto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Xogo de Heroes faise co I Premio de Webseries da CRTVG

Unha aventura épica ao longo do Camiño de Santiago protagonizada por seis heroes da historia galega. Esta é a base de Xogo de Heroes, o proxecto que acaba de se impor entre os 17 candidatos ao I Premio de Webseries da CRTVG Historias do Camiño. Roberto Conde, que xa participara en proxectos como Gran Compadre é o autor desta iniciativa e agora poderá perfeccionar a súa proposta nun obradoiro de formación con profesionais ademais de que a CRTVG adquirirá os dereito do capítulo piloto da súa produción. Canda a el, os proxectos Tres pitos e un capón e Imos aviados ficaron como finalistas e os seus autores tamén poderán optar ao obradoiro formativo. O xurado destacou a alta calidade das propostas que se presentaron ao certame.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Obradoiro, Camiño de Santiago, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)