A CRTVG inicia emisións en probas de televisión conectada

O director xeral do ente explicou a iniciativa no Parlamento

29/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Emisión da Galega en TDT compartida cun menú da televisión híbrida

A televisión conectacta, baseada na implantación da tecnoloxía híbrida de televisión de banda ancha (HbbTV) terá no 2012 o seu ano de implantación. Neste camiño, a CRTVG acaba de iniciar as probas experimentais de emisión. A televisión conectada consiste nunha plataforma á carta cunha especie de barra lateral con múltiples funcións como escoller contidos de catálogo, participar en votacións, comentar en tempo real e ampliar información do programa que se está a emitir, entre otras opcións.

A tecnoloxía é compatible co sistema de difusión actual pero incrementará as súas posibilidades cando se remate o proceso de dixitalización do ente público. En canto á recepción, malia que xa están no mercado novos televisores adaptados á tecnoloxía, os actuais deberán incorporar un módulo adicional de baixo custo (arredor duns 12 euros). A medida foi explicada no Parlamento por Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Tecnoloxía, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)