O Clúster do Audiovisual debate hoxe sobre a televisión conectada

Está en fase de probas a segunda pantalla da TVG, para acceder aos seus contidos no móbil

20/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A televisión do futuro chámase "televisión conectada". Un modelo baseado na conectividade dos receptores á rede, que incrementa as pobilidades de contidos e a participación do usuario. As primeiras epxeriencias levan anos en marcha, pero é un reto presente á qeu as empresas e proveedores de contidos han de afrontar. Por ese motivo, hoxe o Clúster Audiovisual Galego organiza un encontro que pretnde estudar a sitaución actual, os restos, e algún modelo de negocio como o caso de Cinfo. Darío Janeiro, Esther Medina, Francisco José Asensi Viana e Tomás Cid son algúns dos nomes que fan parte desta xornada.

Relacionado con este novo contexto, a Televisión de Galicia presenta estes días a fase de probas da segunda pantalla. Un proxecto que permite a través dun smartphone, tablet ou ordenador acceder a programación e contidos desta cadea. A proposta xorde no marco do Labovisión de Galicia, un laboratorio de innovación audiovisual creado en 2012 para desenvolver proxectos innovadores.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Clúster Audiovisual Galego, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)...