O Clúster organiza unha xornada para analizar as posibilidades do móbil como soporte de contidos audiovisuais

O futuro está no móbil

6/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Todo o mundo sabe que os móbiles son máis que dispositivos para falar. Mandar mensaxes, gardar a axenda, calendario... son algunhas das múltiples aplicacións. E agora, o Clúster do Audiovisual Galego, Caixanova e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia pretenden analizar as súas posibilidades como unha nova canle para distribuír contidos audiovisuais. María Aguete, de Screen Digest; Pedro Fuertes, de Vodafone; José Manuel Rivas Torres, de Net-Go; Ignacio Tomé Vilanova, de Movistar; Hernán Rodríguez, de AECOMO e Rosa Berea, de Loroestudio son algúns dos participantes dunha xornada na que falarán do mercado, os actores e os contidos. A cita é o vindeiro venres 9 de xuño, de 9:00 a 14:00 no Centro Social Caixanova da Coruña.

Máis información no web do Clúster

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Manuel Rivas, Comunicación Audiovisual, Xunta de Galicia...

Claves

Protagonistas
Lugares