Los héroes siempre vuelven é o nome da iniciativa que a editora de BD española ECC está a desenvolver en apoio ás librarÃas especializadas na novena arte. Na iniciativa participa o ourensán David RubÃn, que asina unha historia breve protagonizada por Superman en tempos do Coronavirus. Esta obra, canda a ilustracións realizadas por autores como Paco Roca, Mikel JanÃn e Jesús Merino sobre os heroes de DC Cómics distribuiranse como agasallo ás persoas que visiten as librarÃas que contan con material desta editora, sen necesidade de adquirir ningún produto. Actualización: A editora publicou na sua páxina a BD Ãntegra.
De xeito paralelo, RubÃn anunciou nas súas redes sociais que agasallará con debuxos orixinais as librarÃas nas que teña feito presentacións das súas obras por todo o Estado. A intención é que os establecementos sorteen este material entre os seus clientes e incentivar asà o consumo nestas tendas. As galegas Banda Deseñada (Vigo), Sindicato del Cómic (Ourense), Paz (Pontevedra), Metrópolis Cómics (Ferrol), Alita Orzán (A Coruña), Kómic (Santiago) fan parte desta iniciativa.
Ademais o autor ourensán lanzou un crowdfunding para publicar Cosmic Detective, unha novela gráfica de ciencia ficción e xénero negro na que o debuxante colabora con Jeff Lemire e con Matt Kindt e que contará con 168 páxinas de extensión. O proxecto conseguiu en só catro horas os 32.000 euros que procuraba na plataforma Kickstarter, e supera, a falta de 28 dÃas para fechar a recolección de fondos, os 72.000, con case 2.000 persoas a contribuÃr ao lanzamento na data.