David Rubín reedita o seu Oso Malaio en Italia

O autor ourensán dará un conferencia e fará unha sesión de sinaturas en Roma

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Fragmento da nova ilustración para La sala da tè dell’orso malese

Fragmento da nova ilustración para La sala da tè dell’orso malese

A editora Tunué acaba de anunciar a edición en Italia da segunda edición de La sala da tè dell’orso malese, banda deseñada do ourensán David Rubín. O autor participará o vindeiro 29 de febreiro nunha mesa redonda sobre a BD estatal, e no día seguinte fará unha sesión de sinaturas nunha libraría da cidade. Para a nova edición, Rubín realizou unha ilustración que continúa a capa pola parte de atrás do libro. A editora está a realizar un sorteo de exemplares para promocionar o lanzamento.

Poucas días antes, Rubín acode como convidado ás Xornadas Carmona en Viñetas, que se celebran entre os días 23 e 26 de febreiro nesta localidade andaluza.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Italia, Roma, Banda deseñada...

Claves

Protagonistas
Conceptos