Presentan o proxecto Gaelaico para investigar as relacións lingüísticas entre os países atlánticos

Os promotores buscan demostrar a orixe goidélica da lingua galaica

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Cando os galaicos da Idade do Ferro comezaron a escribir, trala conquista romana, fixérono en latín. Da súa lingua só nos quedan as palabras que escribiron nas inscricións latinas, pero tamén un certo número de palabras que chegaron ao galego actual. A través da lingüística comparada, estes investigadores procuran as conexións entre o galego e as linguas célticas das Illas Británicas. Entre os investigadores están James J. Duran, doutor en Lingüística pola Universidade de Stanford, Alberto Lago, historiador e Henrique Egea Lapina, filólogo clásico.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, Universidade de Stanford, Lingua galega