Os tempos mudan, e a lingua faino con eles. A aparición de novos aparellos e costumes, ou simplemente a busca doutros xeitos de expresión, fan que constantemente se incorporen novas palabras e xiros ao galego. Desde 1998 un equipo de investigación da Universidade de Vigo espreita constantemente a nosa lingua e rexistra as voces que se lle van incorporando e que poida que un dÃa pasen a ser de emprego común.
"O neoloxismo é unha palabra nova que aparece nun determinado sistema lingüÃstico, neste caso o galego", explÃcanos Xosé MarÃa Gómez Clemente, un dos coordinadores do Observatorio de NeoloxÃa Léxica da Universidade de Vigo. "Nós dedicámonos máis concretamente ao neoloxismo lexicográfico, que é toda palabra que non aparece nos dicionarios. Tamén abordamos o neoloxismo desde un punto de vista psicolóxico, é dicir, que responde a un concepto ou a unha necesidade expresiva nova". O traballo deste equipo comezou como unha busca de materiais didácticos para a materia que sobre este campo se imparte na Universidade de Vigo, dentro da carreira de FiloloxÃa Galega. "En 1998 conseguimos unha axuda da Xunta e montamos o grupo de investigación", explica Gómez Clemente. Desde aquela estes investigadores rexistraron case trinta mil entradas nunha base de datos que achega unha boa mostra da evolución máis recente do galego. "A primeira aplicación deste traballo é amosar como se emprega o galego. O fin último da investigación é que alguén con autoridade interprete este datos e, en último caso, que determinadas palabras pasen aos dicionarios de lingua xeral ", recoñece este filólogo.
Os campos das palabras novas
"Hai dous grandes tipos de neoloxismos. Os denominativos, que responden a novos conceptos, e os expresivos, que adoitan ser sinónimos dunha palabra que xa existe e que se crean como alternativa". A informática, a socioloxÃa e a polÃtica e mais as novas tecnoloxÃas son os ámbitos nos que se produce a maior parte das innovacións.
Ademais destes, tanto na literatura como nos xornalismo danse casos de "neoloxismos de autor", que responden a unha expresión determinada, "non acostuman perdurar moito". Evidentemente só unha pequena parte de todas as palabras novas que aparecen acaban por se incorporar á linguaxe habitual. Entre as tendencias máis marcadas na aparición de novos termos, Gómez Clemente apunta que "hai uns anos, por exemplo foi a eclosión dos termos compostos con bio- e con eco-", nunha época na que estaban en auxe informativo conceptos relacionados co ecoloxismo e o desenvolvemento sustentable. Bioconstrución ou ecoplanta son exemplos desta época. "Algo máis tarde foi a eclosión dos neoloxismos co prefixo e-, no sentido de electrónico. E-tarxeta, e-comercio ou e-aula apareceron cando as novas tecnoloxÃas comezaron a ser masivas", explica este filólogo. "Tamén nese momento desde o ámbito polÃtico difundÃronse neoloxismos coma multietnicidade ou post-identidade"
A orixe dos neoloxismos
AÃnda que se poderÃa pensar que a situación sociolingüÃstica do noso idioma habÃa influÃr no xeito en que se crean palabras novas, os datos deste grupo de estudo revelan que o galego incorpora voces mediante este sistema do mesmo xeito que outras linguas do seu contorno. "A nosa é unha lingua tan innovadora coma o catalán, o español, o francés ou o italiano. Se extrapolamos os datos, porque nós temos unha produción de textos moi inferior, estamos ao mesmo nivel", sentencia Gómez Clemente. "O galego está presente en todo tipo de innovacións cientÃficas e culturais, e responde a elas". Deste xeito, e segundo os datos que manexa este grupo de investigación, só un 23% das novas palabras que empregamos veñen de préstamos doutras linguas, unha fracción semellante á do catalán ou o español. O resto das innovacións desenvólvense seguindo procedementos internos do idioma, coma a derivación.
Desde os medios
Os medios de comunicación adoitan ser pioneiros na incorporación á súa linguaxe deste tipo de palabras. Deste xeito, o observatorio sobre neoloxismos da universidade de Vigo centrou neste ámbito a súa análise. Máis concretamente medios coma "A Nosa Terra", "Galicia Hoxe", "Vieiros" ou "Código Cero" son esculcados sistematicamente na busca de palabras novas. Logo dunha boa tempada a revisar polo miúdo estes medios, o equipo decidiu apostar pola automatización da busca e desenvolveu un software que localiza nas edicións electrónicas dos xornais aquelas palabras que non están inseridas na norma e mesmo recoñece aquelas cuxo emprego se mantén ao longo do tempo, o que facilita enormemente o traballo. "Raúl Araya, un dos estudantes que colaboran no proxecto deseñounos un programa que realmente é magnÃfico e que nos permite ver todos os dÃas o que está xurdindo". Deste xeito, o grupo está a comprobar como "desde hai uns meses aparece unha grande cantidade de `videochamadas´. Hai pouco aparecÃan por primeira vez `frikada´ e mais `bloguear´", apunta Gómez Clemente. Cada vez que o programa recoñece unha destas palabras, o primeiro que fai o grupo é comprobar se está recollida nalgún dicionario e, se non, danlle unha información lingüÃstica e morfolóxica, ollan a orixe da palabra e, finalmente, inclúese na base de datos incluÃndo estes elementos.
Publicacións e futuros
Este proxecto acaba de publicar un primeiro dicionario de neoloxismos, que recolle mil douscentos termos deste tipo tirados do proxecto e que o grupo porá en Internet en breve coa intención de ilo actualizando. Canda a este texto, xa está dispoñible a través do web una parte da base de datos do proxecto, que se vai ampliando aos poucos. Entre os proxectos máis inmediatos do grupo está ampliar as súas análises á radio e á televisión. Ademais, Gómez Clemente asegura que é a súa intención, para un futuro "completar o estudio con neoloxÃa de tipo oral, e ademais, querÃamos ver todo o que pasa na periferia de Internet, onde hai un mundo moi grande en galego moi interesante para observar". Deste xeito agardan incluÃr textos sacados doutros tipos de webs para alén dos medios de comunicación. A obtención de novos apoios económicos determinará a viabilidade destas investigacións. Mentres, por riba de calquera control ou ollada, a lingua a continuar a se desenvolver.
As palabras do futuro."O neoloxismo é unha palabra nova que aparece nun determinado sistema lingüÃstico, neste caso o galego", explÃcanos Xosé MarÃa Gómez Clemente, un dos coordinadores do Observatorio de NeoloxÃa Léxica da Universidade de Vigo. "Nós dedicámonos máis concretamente ao neoloxismo lexicográfico, que é toda palabra que non aparece nos dicionarios. Tamén abordamos o neoloxismo desde un punto de vista psicolóxico, é dicir, que responde a un concepto ou a unha necesidade expresiva nova". O traballo deste equipo comezou como unha busca de materiais didácticos para a materia que sobre este campo se imparte na Universidade de Vigo, dentro da carreira de FiloloxÃa Galega. "En 1998 conseguimos unha axuda da Xunta e montamos o grupo de investigación", explica Gómez Clemente. Desde aquela estes investigadores rexistraron case trinta mil entradas nunha base de datos que achega unha boa mostra da evolución máis recente do galego. "A primeira aplicación deste traballo é amosar como se emprega o galego. O fin último da investigación é que alguén con autoridade interprete este datos e, en último caso, que determinadas palabras pasen aos dicionarios de lingua xeral ", recoñece este filólogo.
Os campos das palabras novas
"Hai dous grandes tipos de neoloxismos. Os denominativos, que responden a novos conceptos, e os expresivos, que adoitan ser sinónimos dunha palabra que xa existe e que se crean como alternativa". A informática, a socioloxÃa e a polÃtica e mais as novas tecnoloxÃas son os ámbitos nos que se produce a maior parte das innovacións.
Ademais destes, tanto na literatura como nos xornalismo danse casos de "neoloxismos de autor", que responden a unha expresión determinada, "non acostuman perdurar moito". Evidentemente só unha pequena parte de todas as palabras novas que aparecen acaban por se incorporar á linguaxe habitual. Entre as tendencias máis marcadas na aparición de novos termos, Gómez Clemente apunta que "hai uns anos, por exemplo foi a eclosión dos termos compostos con bio- e con eco-", nunha época na que estaban en auxe informativo conceptos relacionados co ecoloxismo e o desenvolvemento sustentable. Bioconstrución ou ecoplanta son exemplos desta época. "Algo máis tarde foi a eclosión dos neoloxismos co prefixo e-, no sentido de electrónico. E-tarxeta, e-comercio ou e-aula apareceron cando as novas tecnoloxÃas comezaron a ser masivas", explica este filólogo. "Tamén nese momento desde o ámbito polÃtico difundÃronse neoloxismos coma multietnicidade ou post-identidade"
A orixe dos neoloxismos
AÃnda que se poderÃa pensar que a situación sociolingüÃstica do noso idioma habÃa influÃr no xeito en que se crean palabras novas, os datos deste grupo de estudo revelan que o galego incorpora voces mediante este sistema do mesmo xeito que outras linguas do seu contorno. "A nosa é unha lingua tan innovadora coma o catalán, o español, o francés ou o italiano. Se extrapolamos os datos, porque nós temos unha produción de textos moi inferior, estamos ao mesmo nivel", sentencia Gómez Clemente. "O galego está presente en todo tipo de innovacións cientÃficas e culturais, e responde a elas". Deste xeito, e segundo os datos que manexa este grupo de investigación, só un 23% das novas palabras que empregamos veñen de préstamos doutras linguas, unha fracción semellante á do catalán ou o español. O resto das innovacións desenvólvense seguindo procedementos internos do idioma, coma a derivación.
Desde os medios
Os medios de comunicación adoitan ser pioneiros na incorporación á súa linguaxe deste tipo de palabras. Deste xeito, o observatorio sobre neoloxismos da universidade de Vigo centrou neste ámbito a súa análise. Máis concretamente medios coma "A Nosa Terra", "Galicia Hoxe", "Vieiros" ou "Código Cero" son esculcados sistematicamente na busca de palabras novas. Logo dunha boa tempada a revisar polo miúdo estes medios, o equipo decidiu apostar pola automatización da busca e desenvolveu un software que localiza nas edicións electrónicas dos xornais aquelas palabras que non están inseridas na norma e mesmo recoñece aquelas cuxo emprego se mantén ao longo do tempo, o que facilita enormemente o traballo. "Raúl Araya, un dos estudantes que colaboran no proxecto deseñounos un programa que realmente é magnÃfico e que nos permite ver todos os dÃas o que está xurdindo". Deste xeito, o grupo está a comprobar como "desde hai uns meses aparece unha grande cantidade de `videochamadas´. Hai pouco aparecÃan por primeira vez `frikada´ e mais `bloguear´", apunta Gómez Clemente. Cada vez que o programa recoñece unha destas palabras, o primeiro que fai o grupo é comprobar se está recollida nalgún dicionario e, se non, danlle unha información lingüÃstica e morfolóxica, ollan a orixe da palabra e, finalmente, inclúese na base de datos incluÃndo estes elementos.
Publicacións e futuros
Este proxecto acaba de publicar un primeiro dicionario de neoloxismos, que recolle mil douscentos termos deste tipo tirados do proxecto e que o grupo porá en Internet en breve coa intención de ilo actualizando. Canda a este texto, xa está dispoñible a través do web una parte da base de datos do proxecto, que se vai ampliando aos poucos. Entre os proxectos máis inmediatos do grupo está ampliar as súas análises á radio e á televisión. Ademais, Gómez Clemente asegura que é a súa intención, para un futuro "completar o estudio con neoloxÃa de tipo oral, e ademais, querÃamos ver todo o que pasa na periferia de Internet, onde hai un mundo moi grande en galego moi interesante para observar". Deste xeito agardan incluÃr textos sacados doutros tipos de webs para alén dos medios de comunicación. A obtención de novos apoios económicos determinará a viabilidade destas investigacións. Mentres, por riba de calquera control ou ollada, a lingua a continuar a se desenvolver.
Selección de neoloxismos fornecida por Xosé MarÃa Gómez Clemente, coordinador do Observatorio de NeoloxÃa da Universidade de Vigo.