Casares e Román Gubern afirman que a cultura do Século XXI ha de redefinirse

Selección artificial

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Inseridos en discursos completamente diferentes,
tanto o profesor de Comunicación Audiovisual, Román Gubern como o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, coincidiron no feito de que a cultura no século XXI ha de sufrir un novo proceso de redefinición. Foron as principais aportacións no congreso "A Cultura no Século XXI" que hoxe abordará a experiencia e a tradición doutras culturas minoritarias.

Redefinición

O profesor Román Gubern hilou un discurso futurista marcado por un ser humano biónico interrelacionado coas máquinas, onde a cultura terá dous retos; o primeiro o que establecer unha relación somática e emocional coas máquinas e, en segundo lugar que as novas relacións irán creando ciberespacios que mudan a idea de territorio.
Moito menos ficcional e máis pragmático foi o presidente do Consello da Cultura galega que na súa intervención foi reconstruíndo os nomes (a xeografía de Pedrayo, o Risco etnográfico, o Cuevillas historiador, o Castelao estudioso da Arte Popular) que "deron en configurar o universo simbólico de Galicia do que somos deudores e prisioneiros". Unha visión que lle servíu de base para afirmar "que a Galicia definida por Nós está desaparecidae resulta tarefa urxente definir de noso país sen caer en procesos románticos".



A situación doutras linguas minoritarias a debate

As tradicións, as linguas minoritarias, a música e a experiencia doutras culturas minoritarias abordaranse na sesión de hoxe. Unha sesión que contará con Manuel Fraga como relator, introducido por Carlos Casares, presidente do Consello da Cultura Galega.
"A cultura e a tradición" será o foro de debate que xuntará na mesma mesa a Lucía Iglesias Kuntz, ó intelectual galeguista Basilio Losada e a Jonathan Dunne na sesión desta tarde.


Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Consello da Cultura Galega, Comunicación Audiovisual, Castelao...