AÃnda non é o presidente oficial, pero como candidato da única lista presentada ás eleccións da Mesa pola Normalización LingüÃstica, Marcos Maceira xa aparece en todos os medios coma o novo representante da principal organización en defensa do galego do paÃs. Carlos Callón abandonará a presidencia tras doce anos nese posto, pero continuará traballando na Mesa. O resto da candidatura de Maceira comprende as vicepresidencias (Mónica Pazos e Carlos Outeiro), a secretaria xeral (Susana Méndez) e o coordinador de Zonas, Paulo Filgueiras, ademáis das vogalÃas: Elsa Quintas Alborés e Manuel Rei Romeu. Marcos Maceira é licenciado en Historia. Foi membro da permanente da Mesa e da xestora da plataforma cidadá Queremos Galego desde o seu nacemento. Moi vinculado a Compostela, foi secretario e presidente da Asociación Cultural O Galo.