O documental galego exhibe a súa fortaleza no Play Doc que arrinca hoxe en Tui

O festival cumpre dez anos tras ser elexido un dos mellores festivais pola sala Town Hall

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un filme galego (Costa da morte de Lois Patiño) na sección oficial, e catro directores do país (Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos) inaugurando unha nova sección, o Laboratorio de Apuntes Fílmicos (LAP). A décima edición de Play Doc exhibe o músculo creativo do país sen renunciar ao prestixio e calidade que lle levaron a ser recoñecido en 2013 como n dos mellores festivais (Best Film Series) pola prestixiosa sala neoiorquina Town Hall. A cita arrinca hoxe en Tui e permite coñecer o máis innovador e recoñecido do panoramda documental actual.

Un dos nomes propios desta edición é o do realizador mexicano Nicolás Pereda (México, 1982) que estará presente para ofrecer unha clase maxistral (5 de abril) e para presntar case toda a súa filmografía, traballos que teñen participado en festivais como Cannes, Venecia e Locarno e que evidencian peculiar forma de narrar cun uso moi significativo da ficción no documental.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Tui, Eloy Enciso, Ángel Santos...