Nicolás Pereda será un dos nomes propios da décima edición do Play Doc

O realizador mexicano ofrecerá unha master class e a proxección da súa filmografía

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Nicolás Pereda

Nicolás Pereda

Falta menos dun mes para que arrinque a décima edición de Play Doc e xa se van coñecendo detalles sobre a programación deste ano. O realizador mexicano Nicolás Pereda (México, 1982) será un dos nomes propios nesta ocasión por partida doble. Dunha banda ofrecerá unha clase maxistral (5 de abril) e da outra, proxectaranse case toda a súa filmografía. Malia ser un realizador novo, os filmes de Pereda teñen participado en festivais como Cannes, Venecia e Locarno. Destaca unha peculiar forma de narrar cun uso moi significativo da ficción no documntal. Para os organizadores do Play-Doc singulariza “a fusión entre a realidade e a ficción co ánimo de evocar o sentimento dn pobo enteiro”. O festival, que foi seleccionado pola coñecida sala neoiorquina Town Hall entre os dez mellores festivais do mundo, desenvolverase entre o 2 e o 6 de abril.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Play-Doc, Cannes, México

Claves

Entidades
Lugares