Play Doc convida a catro directores galegos para crear un laboratorio de creación

Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos inauguran esta aposta

20/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos catro directores galegos que inauguran unha nova aposta do festival de documentais Play Doc. Chámase Laboratorio de Apuntes Fílmicos (LAP) e pretede servir de centro de creación arredor documental. Segundo unha nota de prensa “a idea é que cada cineasta convidado capture, desde a súa propia caligrafía, os cambios de diversa índole -sociais, económicos, paisaxísticos...- que se están a producir no seu entorno”. Para esta estrea, os cineastas convidados realizarán pezas en torno ao concepto de "transformación". Os resultados veranse unha sesión especial dentro do festival coa presenza do director.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Nine, Ángel Santos, Eloy Enciso, Documentais...