Rithy Pan e Eloy Enciso gañan os premios a mellores documentais do Play-Doc

Galardóns con documentación

17/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Rithy Pan, director da longametraxe documental “O papel non pode envolver a brasa” foi o gañador na categoría de longametraxes do Play Doc 2008. O xurado valorou o documental “por atopar un lugar común para a mirada crítica e a construción fílmica, ao darnos a ver con solidez e empatía unha historia particular, enmarcada na historia dun pais”. O premio á mellor produción documental galega, categoría convocada por primeira vez, foi para “Pic-nic”, de Eloy Enciso, no que o xurado destacou: “o rigor na construción dun dispositivo cinematográfico que nos permite achegarnos a momentos de vida que, doutro xeito, a cámara non sería quen de atrapar”. O festival de cine documental Play-Doc, que se celebrou en Tui do 12 ao 16 de marzo tamén premiou a curtametraxe “O Xastre”, de Óscar Pérez, e na categoría “Maratón Play-Doc”, obtiveron o dereito a converter a curta en longa Diana Gonçalves e Miguel Barbosa, de Allariz, co seu traballo “Trapicheiras”, sobre o papel das mulleres no contrabando transfronteirizo.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Play-Doc, Eloy Enciso, Cine...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares