O achegamento ás figuras de Shakespeare e Víctor Hugo gaña o premio Play Doc

Manuel e Elisa e París 1 comparten o premio ao mellor documental galego

23/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Construír un clima de suspense e desvelar a identidade dun personaxe entre luces e sombras” son algúns dos méritos polos que Intimidades por Shakespeare e Víctor Hugo é a longametraxe documental gañadora da V Edición de Play Doc. Canda esta produción da mexicana Yulene Olaizola, completan o palmarés Cyanosis da Iraní Rokhsareh Ghaemmagami na categoría de curtametraxes, mentres que Manuel e Elisa e París 1 compartiron o de mellor documental galego. Os premios foron entregados no marco da gala de clausura desta quinta edición de Play-Doc.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Shakespeare, Identidade, Play-Doc...