O Foro do Camiño primitivo recorre a delimitación desta vía

Considera que a proposta da Xunta desprotexe elemento patrimoniais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deberá decidir sobre delimitación para o Camiño Primitivo que aprobou a Xunta. O Foro do Camiño Primitivo presentou un recurso contencioso administrativo ante esta sala a denunciar que a proposta da Xunta "desiste de recoñecer e recuperar máis dun terzo do trazado orixinal do Camiño Primitivo e deixa fóra do seu territorio histórico máis dun cento de elementos patrimoniais directamente asociados".

Segundo os membros do foro, que presentaron esta mañá en Lugo a súa iniciativa, o trazado oficial inclúe, entre outras irregularidades, "a falsificación da vía na entrada e saída da cidade de Lugo, ao paso polo burgo medieval de Castro Verde, a omisión do acceso á vila de Melide polo camiño prerromano da Martagona" así como diferentes "apropiacións da vía histórica".

O Foro, que xa anunciara a súa intención de denunciar o trazado da Xunta ante a UNESCO, lembrou que esta proposta pon en risco as opcións da vida de conseguir a declaración como Patrimonio da Humanidade.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Primitivo, Lugo, Patrimonio da Humanidade, UNESCO...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares