A delimitación do Camiño Primitivo a Santiago que aprobou a Xunta de Galicia a semana pasada "deixa fóra de toda posibilidade de recuperación e de posta en valor uns 50 quilómetros da traza medieval orixinaria" ao tempo que legaliza desvÃos que corresponden "a intereses particulares e ilexÃtimos". Cando menos asà o considera o Foro do Camiño Primitivo, entidade que reúne 27 colectivos e que anunciaba esta mañá que vai denunciar ante a UNESCO a actuación da Xunta a respecto deste ben patrimonial.
O Foro pediralle ao organismo internacional que condicione a declaración do Camiño Primitivo de Santiago como Patrimonio da Humanidade, que ten solicitado España para este ben, "á delimitación obxectiva e á recuperación da traza histórica do Camiño alà onde o permiten as fontes documentais, históricas e arqueolóxicas dispoñÃbeis".
Ademais, esta entidade denuncia que a demarcación da Xunta deixa "fóra de catalogación ou do territorio histórico protexido máis dun cento de elementos patrimoniais chave no devir da vÃa primitiva, como o monumento de Santa Olaia de Bóveda, hospital de San Martiño de Bolaño, San Lázaro en Castroverde, casa do Hospital de Gondar, Cova da Valiña, igrexa de refuxio da Esperela ou vÃa XIX por GuntÃn de Pallares" entre outros.