Dous sepultureiros fan desaparecer os restos dos corpos vÃtimas da guerra nun bosque afastado. Unha sobrevivente érguese de entre os mortos. Asà é Cinza nas mans(estrea 12 de abril, auditorio de Vimianzo), unha historia que fala sobre as vÃtimas dos dous bandos dunha mesma guerra mesturando realismo, simbolismo e absurdo. Unha obra de Laurent Guadé (Francia, 1972), un novo autor dramático que serve de carta de presentación de Trus, unha compañÃa de nova creación cuxos membros se formaron na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).
Sheyla Fariña, Rubén Porto, Lau Iturralde e Borja Calvar son os integrantes desta nova compañÃa que nace dun traballo de fin de carreira. “Como proxecto traballamos neste texto que, unha vez rematado fomos pulindo e decidimos botar a andar” explica Rubén Porto. E do espectáculo naceu a compañÃa que se chama Trus “que é ese aparello no que se colgan os focos e que remite á escuridade, ás sombras que se desenvolven no teatro galego”. Teatrón producións escénicas é a produtora encargada da distribución deste espectáculo que se estrea en Vimianzo e que xa ten varias funcións contratadas. Con todo, Rubén apunta que será a partir de xaneiro de 2015 cando esperan desenvolver máis bolos con este primeiro proxecto.