Preséntase a BD sobre os represaliados do Portiño

O acto celebrarase mércores na Casa Museo Casares Quiroga

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Preséntase a BD sobre os represaliados do Portiño

A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presenta o vindeiro mércores a banda deseñada Compañeiros: Homenaxe ás vítimas do Portiño. O acto, que se celebrará ás dez e media da mañá, contará coa presenza de Manuel Rivas e mais de Xosé Tomás, autor da obra. Compañeiros conta a historia das vítimas da represión franquista no Portiño, na Coruña, cando tentaban fuxir durante a Guerra Civil. A obra, de dezaseis páxinas e con grampa, contará cunha distribución en centros de ensino con contidos didácticos. Logo da presentación, quedará instalada na Casa Museo unha exposición sobre este título.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Xosé Tomás, Xosé Tomás, Manuel Rivas...