“Son todos os que están pero, por suposto, que non están todos os que son” apuntou Lourenzo Fernández na presentación da base de datos que inclúe información de 14.000 represaliados durante a Guerra Civil no noso paÃs. Non é máis que unha parte proxecto de investigación interuniversitario “As vÃtimas, os nomes, as voces e os lugares”, do que Lourenzo é un dos investigadores principais e que, logo de tres anos de traballo, ten documentado 5.651 mortos (no perÃodo que vai do 36 ao 39). A base de datos, que xa está dispoñible na rede, será ampliada e completada no futuro con imaxes e rexistros sonoros con algúns dos represaliados.