Teatro do Noroeste aborda a actual crise de valores a través da Mamma

O espectáculo está en cartel na zona C de Santiago desde o mércores 26

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A última proposta de Teatro do Noroeste continúa a liña de traballo xa amosada nas súas últimas producións Último cowboy e Linda and Freddy, ilusionistas, de conectar ca realidade máis próxima e inmediata, de falar da crise social e humana desde a ironía e a retranca. Desta volta, da man de Lino Braxe como director, presentan A mamma que pon en escena a vida dunha muller loitadora que rememora con estraña lucidez os tempos pasados e o presente nos últimos días da súa vida.

Non é a primeira vez que Teatro do Noroeste, unha da compañías máis veterás do teatro galego, se presenta cun espectáculo unipersoal. Antes fíxoo con Feirantes, Campo Sur, tamén de Lino Braxe ou A tixola polo mango, de Lola Correa. Agora faino motivado polo contexto actual, de “crise e de falta de apoios” segundo publican no seu web, co que se afastan dos espectáculos de grande formato abordados por esta compañía.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Son…llusionistas

Son…llusionistas

Teatro do Noroeste simplifica a súa estrutura nunha montaxe sobre a crise

Pereiro sobre as táboas

Pereiro sobre as táboas

Novas iniciativas achéganse á vida e obra de Lois Pereiro mediante as artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro do Noroeste, Espectáculo, Lino Braxe...

Claves

Protagonistas
Entidades