Pereiro sobre as táboas

Novas iniciativas achéganse á vida e obra de Lois Pereiro mediante as artes escénicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas 2010
Compartir:
Fotograma de Poesía Última de LP, de Fantoches Baj

Fotograma de Poesía Última de LP, de Fantoches Baj

Mentres Mundolois o espectáculo producido por Antón Reixa e con dirección de Lino Braxe, xorden novas propostas para achegarse á figura de Lois Pereiro desde as táboas. O pasado xoves presentábase na Deputación de Lugo Iluminado pola morte. Lois Pereiro, a cargo de Pailamoco Teatro. O proxecto consiste nunha representación teatral de rúa aberto á participación cidadá que amosa a vida e a obra do homenaxeado no día das letras a través de poemas e de música. Pola súa banda, a compañía Fantoches Baj presenta Poesía Última de LP unha proposta de teatro obxectual na que se narran en primeira e terceira persoa os dous últimos anos da vida do poeta. Sons, músicas e letras mestúranse nesta orixinal iniciativa.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cinema Lois

Profesionais e afeccionados apostan polo audiovisual para retratar a Lois Pereiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Teatro, Artes Escénicas, Antón Reixa...