A rede adianta o espectáculo que conmemora a Lois Pereiro

O espectáculo MundoLois está dirixido conta con Lino Braxe e Antela Cid

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A rede adianta o espectáculo que conmemora a Lois Pereiro

Sabendo como se sabe que Lois Pereiro dista moito das figuras ás que estamos acostumados nas Letras Galegas, non debería sorprender a proposta que xorde de Antón Reixa para se achegar á súa figura. MundoLois é un proxecto escénico multimedia no que música, audiovisual, teatro e literatura dan a mao para conmemorar este poeta. Lino Braxe e Antela Cid sobre o escenario, Alexandre González na música e a coordinación de Filmanova, Nordesía e Cachet poñen en escena o proxecto. A estrea, segundo o web, está prevista para o catro de marzo no Auditorio Municipal de Vigo. Un video de presentación ponnos sobre a pista do que poderemos atopar.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Pereiro sobre as táboas

Pereiro sobre as táboas

Novas iniciativas achéganse á vida e obra de Lois Pereiro mediante as artes escénicas

Oito por oito

Alexandro González fai un percorrido sonoro pola poesía de Lois Pereiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Lois Pereiro, Lino Braxe, Antón Reixa...