Alterarte ábrese ao universo creativo de José Luís Torrico

A exposición pódese ver no campus de Ourense ata o 9 de maio

14/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A inmediatez é unha das claves do traballo de José Luis Torrico. E sobre ese concepto afonda a exposición "Mozas, amigos e cans" de José Luis Torrico comisariada por Ignacio Pérez-Jofre, que abre unha nova exposición do proxecto Alterarte. A mostra inaugúrase esta tarde e Torrico realizará retratos daqueles asistentes que acudan á inauguración e queiran posar (eles ou os seu cans). Esta exposición pivota sobre tres eixes: dunha banda os cans, que se insire na defensa activa que o artista realiza dos animais. Doutra, os amigos, un tema recorrente do seu traballo e que se pode apreciar nos retratos que fai. E, por último, as mozas, a fascinación que o creador amosa polo corpo das mulleres que converte o erotismo nun motor do seu traballo.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Ourense, Mulleres

Claves

Conceptos
Lugares