Inaugúrase a exposición 'Outra pel, outro rostro' da fotógrafa Cris Andina

O Festival de Cans engade esta mostra fotográfica ao seu programa

15/5/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: FotografíaArteAudiovisualTeatro
32 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxes de "Outra pel, outro rostro" de Cris Andina

O Festival de Cans no seu intento de ter o cinema como punto de partida e achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame. Este mércores 15 de maio ás 19:30 horas inaugurarase a mostra Outra pel, outro rostro da ribadense Cris Andina. Un traballo, formado por máis de 30 retratos, que este fotógrafa realizou seguindo a numerosas actrices e actores para retratalos no intre no que pasan a barreira da caracterización e mudan de rostro para interpretar aos seus personaxes no escenario. Esta mostra, que estará dividida entre o Círculo Recreativo Cultural do Porriño e a Sala Ingrávida, é de entrada gratuíta e poderá visitarse ata o vindeiro 15 de xuño.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Cans, Cine, Porriño

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares