Unha xornada analiza a influencia da rede no ámbito cultural

Desenvólvese no Consello da Cultura o mércores 12 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Cultura e Internet. Estas son as dúas partes que analiza “A mediación cultural da rede”, un seminario organizado polo Consello da Cultura Galega e que se desenvolve mañá, mércores 12 de marzo na sede da institución. Unha xornada na que se exporán novos productos culturais especializados que toman a web como soporte de difusión. Letra en obras, Disque Cool, Desconcierto, Empuje e M son algúns dos proxectos de comunicación que se exporán, en contrapunto de experiencias en papel que desenvolven os medios tradicionais como El Correo Gallego , La Voz de Galicia ou El Progreso.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, El Progreso, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...