Unha xornada analiza como comunicar a cultura no eido local

A cita terá lugar do 23 ao 25 de novembro no Consello da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A comunicación e a cultura nos ámbitos locais. Estratexias para recuperar, conservar e difundir a cultura nos escenarios de proximidade é o título do vindeiro seminario organizado polo Consello da Cultura Galega. Unha cita que pretende reflexionar sobre as debilidades e as fortalezas das iniciativas de comunicación nos ámbitos comarca e local, tanto públicas como privadas. Ademais de reunir especialistas que estudaron o papel destes medios no eido local, o encontro xuntaraos con persoas interesadas nestas cuestións e para intercambiar puntos de vista sobre as experiencias levadas adiante nos últimos anos. As xornadas terán lugar os días 23, 24 e 25 de novembro na sede da institución.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega

Claves