O Consello da Cultura analiza o fenómeno dos blogs nunha xornada

Enblogs

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Os blogs ou bitácoras persoais están a mudar as formas de comunicación actuais. E a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, que leva máis dunha década analizando os cambios que se producen nos intercambios de información desde a chegada das novas tecnoloxías, non podía permanecer allea ao fenómeno. Por iso organiza a xornada “Enblogs 06: Encontro de blogs de Galicia e Portugal” que se sucederá na sede da institución o día 19 de abril. A tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas son algúns dos aspectos que se analizarán.

Máis información na web das xornadas

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Consello da Cultura Galega, Portugal, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)