Coma toda disciplina, a comunicación tamén ten a súa historia. As etapas, as diferentes metodoloxías, así como a evolución dos soportes informativos son algúns dos temas que se analizarán nas xornadas que comezan hoxe no Consello da Cultura Galega. Javier Díaz Noci, Armand Balsebre, Jaume Guillamet ou Timoteo Álvarez son algúns dos participantes nas xornadas A comunicación e o seu tempo que organiza a Sección de Comunicación. As xornadas rematarán mañá cunha revisión da relación entre a cultura e a comunicación.
Máis información no web do Consello da Cultura