Mónica de Nut e Borja Fernández reconstrúen a Barbazul

A obra pode verse ata o vindeiro 2 de marzo na Zona C de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Mónica de Nut e Borja Fernández reconstrúen a Barbazul

Logo da estrea o pasado día 20, aínda fican catro oportunidades máis para ver Barbazul. Unha sabotaxe amorosa, a nova montaxe de Mónica de Nut e Borja Fernández, na compostelá Zona C. Entre o xoves 27 de febreiro e o domingo 2 de marzo, o espazo acolle a reinterpretación que os dous artistas realizan do conto clásico na forma dunha opereta para soprano e clown. O libreto de Bela Bálasz para unha ópera de Bartok sérvelles de base aos dos creadores para presentar un espectáculo no que reivindican "o romántico, os dobles sentidos, as metáforas e todo iso que nos aparta desta realidade, asimesmo, tamén falsa, que nos queren vender".

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Ópera, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos