As galerías galegas voltan satisfeitas de ARCO

A colección da feira pode abandonar o CGAC para 2015

25/2/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

ARCO, a feira internacional de arte contemporánea que remataba este domingo en Madrid, achegou bos resultados para as galerías galegas. Segundo recolle hoxe Faro de Vigo, as vendas nesta edición foron superiores ás de anos anteriores e os profesionais do país fixeron contactos que poden dar en futuras colaboracións. En paralelo, segundo informa ABC, a colección da feira, depositada no Centro Galego de Arte Contemporánea desde hai case 20 anos, retornará a Madrid en 2015. O xornal sinala que o consello de IFEMA, titular das 300 obras actualmente en Galicia, aprobou o seu traslado do centro madrileño CA2M para entón.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, ARCO, Madrid, Faro de Vigo...