Cans abre o patrocinio de galpóns para asegurar o financiamento

Un maior número de producións aspiran a participar na nova edición do evento

14/2/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A falta de financiamento público o Festival de Cans, en Porriño, busca novas formas de apoio privado para sufragar a súa XIII Edición, prevista para maio. Así, a organización presentaba onte a campaña "Apadriña un Jalpón" pola que empresas e particulares poderán, previa achega de 300 euros, patrocinar un dos espazos nos que se desenvolve a programación do evento. Segundo informaba o Facebook do Festival esta mesma mañá xa contaban con dous galpóns apadriñados.

En paralelo, e sen dar datos concretos, Alfonso Pato, director do evento, sinala que a opción de enviar por Internet os filmes que aspiran a participar está a supor un incremento destacado de producións. Asimesmo, apuntou que se detecta unha maior presenza de directores galegos no estranxeiro que achegan os seus proxectos. O prazo para envíos remata o vindeiro 28 de febreiro.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Facebook, Festival de Cans, Porriño...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares