O Festival de Cans reúne 13.000 asistentes

Máis coloquios e unha maior programación infantil foron as novidades desta edición

31/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival de Cans destacou que esta edición 2017 "foi a máis exitosa" do evento. Durante catro días, o Festival de Cans xuntou a 13.000 visitantes que encheron a oferta de servizos locais. Nun comunicado de valoración remitido pola organización, sinalouse que nesta edición potenciáronse os coloquios e encontros e reforzouse a programación dedicada ao público infantil. A organización sinalou a ampla ocupación hosteleira e a elevada participación no público en todas as actividades.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Cans

Claves

Entidades
Lugares