Begoña Salgueiro e Brais González recuperan 12 canciones gallegas

O disco recolle composicións para un proxecto dos anos cincuenta inédito ata o momento

7/2/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Nos anos 50 o crítico musical Antonio Fernández Cid promoveu desde a Deputación de Ourense un curioso proxecto: Encargarlle a compositores contemporáneos que elaborasen pezas a partir de textos de autores galegos. Así naceu a colección 12 canciones gallegas, na que se poden atopar poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Risco ou Cabanillas acompañados dos sons de Mompou, Montsalvatge, Guridi, Toldrà ou Rodrigo. Este material, inédito ata o momento, ve agora a luz da man do dúo composto pola soprano Begoña Salgueiro e polo pianista Brais Rodríguez, que publican un libro-CD con edicións Andavira.

O volume, que inclúe 112 páxinas de textos, gravouse os días 24, 25 e 26 de xuño no Auditorio de Galicia coa colaobración da Radio Galega. Logo da presentación o pasado 31 de xaneiro, o dúo dará a coñecer o seu traballo hoxe mesmo en Allariz e chegará a Compostela o vindeiro 14 de febreiro cunha actuación no CGAC.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Brais Rodríguez, Poemas, Deputación de Ourense...