Dos Acordes compila composicións de Xoán Montes e Juan Antonio Moreno

Que bela te deu deus! recolle un total de 14 poemas musicados

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Dos Acordes compila composicións de Xoán Montes e Juan Antonio Moreno

A soprano Esperanza Iglesias e o pianista Aurelio Chao son os intérpretes que poñen voz e música en Que bela te deu Deus, última produción da discográfica Dos Acordes. O volume recolle as Seis Baladas Galegas de Xoán Montes e mais as Oito cancións sobre poemas de Rosalía de Juan Antonio Moreno Fuentes. Textos de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Salvador Golpe Varela e Aureliano José Pereira atópanse nunha edición nun libro-disco de 16 páxinas. Ademais, o selo tamén publicou as partituras das Oito cancións de Juan A. Moreno.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deus, Poemas, Manuel Curros Enríquez, Manuel Curros Enríquez...