O anuncio da baixada do IVE non convence na cultura galega

O Ministro de Facenda adantou que baralla un descenso do 21 ao 10 por certo para a cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, anunciaba onte que o seu departamento baralla baixar o IVE para os produtos culturais do 21% ata o 10%. No entanto, e malia ás continuas reclamacións que estivo a facer o sector dunha rebaixa desde que, en setembro de 2012 o Goberno incrementara o tipo impositivo, non semella que o anuncio xere optimismo nos creadores galegos. Medios como La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Diario de Pontevedra recollen hoxe reaccións de creadores como Roberto Pascual, Avelino González ou Dolores Ben.

A falta de concreción sobre o xeito no que se vai desenvolver a medida, ou o feito de a anunciar xusto antes do Goya son algúns dos motivos que sinalan os consultados para explicar o seu escepticismo.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IVE, Dolores Ben, Avelino González, Roberto Pascual...