Unha empresa galega produce a primeira coprodución da BBC con socios non anglófonos

The Refugees é un proxecto entre a cadea británica e o grupo español Atresmedia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Bambú Producións será a firma galega que desenvolverá a primeira coprodución da prestixiosa cadea británica BBC cun socio non anglófono. O grupo españo Atresmedia é o colaborador co que os ingleses desenvolverán The Refugees, unha serie de ciencia-ficción na que, nun momento do presente comezan a aparecer visitantes que chegan do futuro a fuxir dunha catástrofe. Esta lanzamento internacional supón unha oportunidade para a firma galega, que tamén comezará en breve a produción de Contranatura, unha coprodución con México, centrada na frontera dese país con Estados Unidos.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BBC, Ciencia, México, Estados Unidos

Claves

Entidades
Conceptos