Unha produtora da Coruña adapta unha serie italiana para o mercado internacional rodando en Madrid e en inglés. Portocabo, firma que fai parte do grupo Boomerang está a abordar a realización de The Avatars, unha serie xuvenil de 52 episodios coa que se fixo no pasado MIP de Cannes. A iniciativa, que conta coa participación de dúas produtoras italianas, comeza a se gravar a un ritmo de dous capítulos por semana o vindeiro mes de marzo. Fosco Blanco dirixe esta produción que busca chegar ao mercado de Estados Unidos e pola que xa se interesaron cadeas televisivas italianas. A serie conta a historia dun grupo de adolescentes que manteñen unha dupla vida ao teren unha banda de música virtual de grande éxito.
Ademais, a produtora realiza mañá no centro Ágora da Coruña a preestrea da serie Luci, que se emitirá proximamente na CRTVG. Dirixida por Jorge Coira, o proxecto é unha comedia social que se centra no personaxe homónimo, unha muller de 37 anos que traballa de xardineira na Coruña, divorciada e cun fillo. A proxección comeza ás 21 horas e a entrada é libre para os interesados.
Folleto de presentación de Luci.Ademais, a produtora realiza mañá no centro Ágora da Coruña a preestrea da serie Luci, que se emitirá proximamente na CRTVG. Dirixida por Jorge Coira, o proxecto é unha comedia social que se centra no personaxe homónimo, unha muller de 37 anos que traballa de xardineira na Coruña, divorciada e cun fillo. A proxección comeza ás 21 horas e a entrada é libre para os interesados.