A Xunta paraliza os edificios restantes do Gaiás

Faculta ás empresas a elaborar proxectos nas parcelas "coherentes" coa Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

La Voz de Galicia publicou o sábado que a Xunta chegou a un acordo coas tres empresas construtoras que ían executar os dous edificios que quedaban no complexo do Gaiás por un importe de case 113 millóns de euros. Non haberá indemnización ás empresas pola paralización, se ben o acordo faculta a estas corporacións a elaborar proxectos de edición "baixo o seu risco e ventura" nas parcelas previamente aprobadas, sempre que sexan coherentes coa arquitectura dos edificios de Eisenmann e os fins da Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Arquitectura, La Voz de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia