A Fundación Granell acolle Crise de identitade

A mostra colectiva comisariada por Ángel Calvo está aberta ata o 23 de marzo

24/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Reflexións sobre a identidade individual e colectiva, a dificultade de manter a intimidade e o control social son algúns dos eixes de Crise de identidade. A Fundación Granell inauguraba onte esta exposición na que se poden contemplar obras de Eugenio Granell, Din Matamoro, Kepa Garraza, Alain Urrutia, Fermín Jiménez Landa, Diego Vites, Kurt Schnitzer (Conrado), Nacho Martín Silva, Tamara Kuselman e Damián Ucieda nun proxecto comisariado por Ángel Calvo. A mostra poderá verse no compostelán Pazo de Bendaña ata o vindeiro 23 de marzo.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Din Matamoro, Pazo de Bendaña, Eugenio Fernández Granell...