Quiosco: Palavra comum

Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres promoven o novo magazine dixital

21/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha revista dixital que quere amosar as artes e acoller debates sobre a cultura cunha proxección decidida cara á lusofonía. Esta é a proposta de Palavra comum, o proxecto que chegaba recentemente á rede da man de Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres. Entre os colaboradores do proxecto están nomes como Xavier Alcalá, Iolanda R. Aldrei, Márcio-André, Amadeu Baptista, Carlos L. Bernárdez, Inma Doval, Xesús González Gómez, Eduardo Méndez Baamonde, Alberte Momán Noval ou Bieito Romero. A publicación abordará entre os seus contidos temas como arqueoloxía, música, fotografía, lendas, artes visuais, literatura, danza, educación, arquitectura ou gastronomía.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xavier Alcalá, Xesús González Gómez, Carlos L. Bernárdez, Alberte Momán...