Tati Mancebo. Xestora cultural.

Dez anos de culturagalega.org: Cos ollos dos usuarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Tati Mancebo

Tati Mancebo

Desde o seu traballo en Algueirada S.L., Tati Mancebo fíxose nos últimos anos un nome por dereito propio no campo da xestión cultural. Para alén de coordinar diversas actividades e eventos, está a ser recoñecida como unha das grandes especialistas no libro electrónico no noso país e na aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación á cultura.

¿Cando coñeciches o portal?
Non me lembro, preo tranquilamente na altura de 2003, eu creo, cando puxemos itnernet na casa.

¿Como o ves na actualidade?
Véxoo moi ben. É un sitio onde sabes que non se van pasar por alto un monte de cousas. Que vas atopar a maior parte da oferta da vida cultural. Nese sentido é un sitio de referencia.

¿Que pensas que lle falta?
Falta a posibilidade de que os lectores poidan subir contidos. Sería importante que puiden participar de xeito activo e achegar eventos ou semellantes.

¿Hai algún servizo que empregues habitualmente ou algún contido que lembres de xeito especial?
Sempre o leo por feeds, e hai bastantes meses que non entro directamente na páxina. En particular emprégoo para seguir a programación cultural. E logo moitas veces, entérome de cousas que non teño nin idea, moitas veces polas reportaxes sei de proxectos, actividades e grupos que fan cousas e que non coñecía.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Cos ollos dos usuarios

Cos ollos dos usuarios

Persoeiros do mundo da cultura fálannos da súa experiencia con Culturagalega.org

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega

Claves

Entidades