Quiosco: Número L de Galicia21

Está dedicado a explorar as relacións entre a literatura galega e as artes visuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Cuberta do número 'L' de Galicia21

Cuberta do número 'L' de Galicia21

A revista Galicia 21 acaba de publicar o seu nóvo número, o L, correspondente a 2022 e que é o número 12 da revista. Esta publicación, dedicada aos "estudos galegos contemporáneos" explora as "ricas, variadas e sempre cambiantes relacións entre a literatura galega e as artes visuais". Deste xeito, a literatura "tamén se comprende dun xeito inclusivo e aberto para incorporar disucsións sobre as moitas conexións que se establecen entre aspectos verbais e visuais en xéneros como a poesía, o drama, comics, ficción e libros de imaxes". A revista, editada desta volta por David Miranda-Barreiro e Martín Veiga, incorpora traballos de Harriet Cook, Eulalia Agrelo-Costas e Isabel Mociño, Inma Doval ou Teresa Seara entre outros. As temáticas abordan a lírica galega medieval, a banda deseñada, ou traballos sobre a obra de Yolanda Castaño ou Emma Pedreira, enre outras temáticas.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Artes Visuais, Yolanda Castaño, Emma Pedreira...