Espello Cóncavo viaxa á Antigüidade con Romano

A nova produción da compañía estréase na Coruña o vindeiro 17 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Espello Cóncavo  viaxa á Antigüidade con Romano

Un vello senador romano volta á súa vila natal logo dos tumultuosos anos nos que o imperio foi rexido por Augusto, Tiberio, Calígula. Esta é a base de Romano a nova montaxe que a compañía Espello Cóncavo estrea este 17 de xaneiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A obra, con texto e dirección de Lino Braxe, con con Miguel Pernas no papel de senador, Manuela Varela como criada e mais Xosé Vilarelle. A produción conta tamén con música ao vivo da man da trompista Alma Sarasola e da mezzosoprano Rita Gasalla.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Vilarelle, Lino Braxe, Rosalía de Castro, Miguel Pernas...