Eme2 teatro adapta a Elaine Murphy en Meu ben

A estrea da nova produción farase o 24 de xaneiro en Narón

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Eme2 teatro adapta a Elaine Murphy en Meu ben

Un texto de Elaine Murphy recoñecido en escenarios de todo o mundo durante anos é a base da nova produción de Eme2 Teatro. Meu ben conta un ano na vida e nos problemas particulares de tres xeracións de mulleres de clase media. Elina Luaces, Mercedes Castro e Rocío González protagonizan esta historia baixo a dirección de Álvaro Lavín. O proxecto, que supón a primeira presentación no estado deste texto, estrearase o vindeiro 24 de xaneiro en Narón.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Narón, Rocío González, Mulleres...

Claves

Protagonistas
Lugares